Sete de cada dez persoas, a favor de que se prohiba fumar nas terrazas
Sete de cada dez persoas, a favor de que se prohiba fumar nas terrazas
A metade dos preguntados na enquisa da Sociedade Española de Medicina Familiar e Comunitaria cren que a prohibición de fumar debería estenderse a espazos públicos abertos
Durante a pandemia, para evitar a propagación do virus, prohibiron fumar nas terrazas se non se gardaba unha distancia mímina de seguridade duns dous metros. Pois segundo a última enquisa da Sociedade Española de Medicina Familiar e Comunitaria, máis do 70 % da poboación estaría a favor de que se prohiba definitivamente fumar no exterior de bares e máis da metade dos enquisados estendería esta restrición a espazos públicos abertos.
Máis da metade dos 6.300 enquisados consideran que a prohibición de fumar debería estenderse aos espazos públicos abertos, incluíndo as praias. Medidas que xa Sanidade estuda implantar na reforma da lei antitabaco.