Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sete mozos de Malí residentes na Coruña denuncian a demora na obtención de asilo

Sete mozos de Malí residentes na Coruña denuncian a demora na obtención de asilo

Pídenlle á Delegación do Goberno que acelere os trámites para obter a protección internacional

G24.gal 17/06/2024 14:48

Sete mozos de Malí que viven na Coruña levan desde novembro do ano pasado esperando que lles concedan protección internacional. Fuxiron do seu país en guerra, e chegaron a Tenerife nunha embarcación. Dende aí foron trasladados ata distintos puntos do país.

Ata esta semana, medio ano despois, non lles deron cita na Oficina de Asilo da Coruña. Pídenlle á Delegación do Goberno que "aceleren os trámites para obter a protección internacional, á que temos dereito. Queremos poder traballar como os compañeiros malianos que chegaron na nosa mesma embarcación".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade