Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sete puntos seguidos de Blanca Millán propician a remonta do Ensino

Sete puntos seguidos de Blanca Millán propician a remonta do Ensino

G24.gal 23/10/2022 20:31

Na liga feminina, o Durán Maquinaria Ensino logrou a segunda vitoria da temporada. Derrotou o Jairis murciano grazas a un excelente último cuarto, no que remontou un marcador adverso. Foi decisiva Blanca Millán, que anotou 15 puntos e 7 deles serviron para darlle a volta ao partido nos últimos dous minutos. A última tripla, moi forzada, do Jairis non entrou e o Ensino puido festexar un triunfo que lle permite subir varios chanzos na clasificación.

O partido comezou mal para as lucenses (13-20 no primeiro cuarto) e non ía camiño de endereitarse porque no descanso mandaban as murcianas por nove puntos (25-34). No terceiro cuarto o Ensino conseguiu poñerse a só catro puntos (34-38), pero non culminou a reacción e o Jairis volveu coller unha marxe próxima aos dez puntos. 

Todo quedou pendente do último cuarto no que o Ensino volveu ofrecer o seu mellor baloncesto. Custou ferro e fariña ir remontando punto a punto. A 1:09 do final empataban o partido (54-54) grazas a unha canastra de Blanca Millán e dous tiros libres da santiaguesa deixaron o definitivo 56-55. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade