Publicador de contidos
Publicador de contidos

Setenta migrantes chegarán a Sanxenxo a mediados de setembro

Setenta migrantes chegarán a Sanxenxo a mediados de setembro

O Concello agradeceu que "esta vez" os informasen "coa suficiente antelación e directamente", algo que, segundo din, non aconteceu a finais de 2023

Chegada de rexufiados da guerra de Malí ao Monte do Gozo o 30 de xullo (Europa Press / César Arxina)
G24.gal 27/08/2024 18:12 Última actualización 28/08/2024 14:38

Un total de 70 persoas migrantes chegarán ao Concello de Sanxenxo aproximadamente a mediados de setembro, segundo a Delegación de Goberno en Galicia.

Os migrantes serán acollidos no marco do Programa de acollida de migrantes da comunidade autónoma e a Xunta de Galicia xa informou ao Concello de Sanxenxo.

O Goberno local confirmou nun comunicado a recepción desa notificación e agradeceu que "esta vez" os informasen "coa suficiente antelación e directamente". "E non que o tivésemos que saber polos medios de comunicación, como lamentablemente ocorreu en 2023", denuncian.

Naquela ocasión foron 54 homes moi mozos procedentes de países como O Senegal, Gambia ou Malí, os cales permaneceron 40 días nesta turística poboación costeira galega.

De Malí proceden tamén os case 200 migrantes que a semana pasada chegaron a Mondariz-Balneario, o concello máis pequeno de Galicia, cuns 700 veciños empadroados, polo que a chegada destas persoas supuxo un importante contraste na vida da vila.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade