Publicador de contidos
Publicador de contidos

BNG e PSdeG acusan de "silencio cómplice" sobre Jácome e Baltar a Rueda, que critica o "electoralismo" da oposición

BNG e PSdeG acusan de "silencio cómplice" sobre Jácome e Baltar a Rueda, que critica o "electoralismo" da oposición

O presidente da Xunta lembra que xa dixo que "o de Baltar era unha conduta inadecuada"

O xulgado da Pobra de Seabra celebra este xoves a vista contra Baltar por ir a 215 km/h

G24.gal 10/05/2023 08:55 Última actualización 10/05/2023 13:04

As polémicas que protagonizan o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o presidente da Deputación, Manuel Baltar, marcaron a sesión de control ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, nun pleno do Parlamento de Galicia. 

Tanto a líder do BNG, Ana Pontón, como o portavoz parlamentario do PSdeG, Luís Álvarez, nas súas preguntas tentaron acurralar a Rueda, por estes dous asuntos. Os dous sinalaron a complicidade do presidente da Xunta e do Partido Popular.

Álvarez definiu o modelo de política local dos populares como "todo polo poder sen importar nada". Como "paradigma" situou o pacto político de Ourense que lle permitiu a Baltar seguir á fronte da Deputación a cambio de facer a Jácome alcalde de Ourense.  

Rueda criticou o "electoralismo" do PSdeG, e responsabilizou o PSOE por "non aceptar" un pacto para que goberne o máis votado e "frustrar", na última etapa, unha moción de censura contra Jácome.

No seu debate con Álvarez non mencionou a Baltar nin unha soa vez, o que recruou as críticas da oposición ao seu "silencio" e "falta de autoridade" no partido, que evitou polo momento avanzar medidas disciplinarias contra o dirixente ourensán.

Pontón afeoulle o pacto de 2019 para garantir "a poltrona de Baltar" e o seu "silencio" de agora, despois de que o presidente do PP provincial de Ourense, fose "cachado" ao volante dun coche oficial un domingo "sen que se saiba onde ía" a 215 quilómetros por hora. "Permitir que o tándem Jácome-Baltar arrastre polo lodo a imaxe de Ourense e de Galicia non é democrático, é unha vergoña", afirmou.

Rueda, pola súa parte, defendeu que el xa dixo que "o de Baltar era unha conduta inadecuada". En fronte, suxeriu que a propia Pontón nunca sería "capaz" de dar un paso similar para "non molestar os que de verdade mandan no BNG, os xenerais da UPG".  

O presidente da Xunta afeoulle á líder do BNG a postura da súa formación sobre a guerra de Ucraínarexeitou unha "rexeneración democrática" que pase, como atribuíu aos nacionalistas, por facer "xuízos paralelos" e "sentenciar" á marxe do que ditamina a xustiza.  

Alfonso Rueda dixo que rexeita esta actitude e os "xuízos paralelos" porque ve "un perigo mesturar a política coa xustiza". Iso si, asegurou que o PP "sempre" acata o que di a Xustiza, que lle importa "moito máis" que o que digan "os sentenciadores" nacionalistas.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade