Cargando resultados...
Silleda presume de Joselu Mato, o seu veciño máis internacional
Silleda presume de Joselu Mato, o seu veciño máis internacional
O xogador do Real Madrid marcou os dous goles que meteron o seu equipo na final da Champions
G24.gal
09/05/2024 21:29
Á falta de dez minutos, o futbolista galego entrou ao campo. Perdía o Real Madrid contra o Bayern e Joselu marcou dous goles nunha remontada épica que leva o equipo branco á final da Liga de Campións. E, en Silleda, todos están orgullosos do seu veciño.
Moitos seguiron o partido, con emoción, dende o bar ou dende a casa... pero os máis afortunados tiveron o seu premio no campo. Un xogador de trinta e catro anos con experiencia, pero que mantén a ilusión dun neno.
Todos teñen o día despois da fazaña de Joselu Mato un sorriso, uns parabéns e un aplauso para o seu veciño, que, están seguros, lles dará máis alegrías, no persoal e no deportivo.