Simón asegura que en España, cos datos actuais, non fai falla vacinarse
Simón asegura que en España, cos datos actuais, non fai falla vacinarse
Tamén descartou o posible contaxio polas mascotas habituais europeas, como cans e gatos
Prudencia e calma no que atinxe á varíola do mono. Recomeéndao o director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, Fernando Simón, que participou en Ourense nunha charla sobre covid.
Pediu paciencia e dixo que cos datos actuais, agora mesmo en España non fai falla vacinarse. Tamén descartou o posible contaxio polas mascotas habituais europeas, como cans e gatos.
O Ministerio de Sanidade e o Agricultura traballan nun documento sobre como xestionar a relación das mascotas coa varíola do mono, segundo adiantou Fernando Simón, quen ademais pediu non sobredimensionar este asunto.
Sobre o risco de infección das mascotas en España, Simón explicou que non hai información suficiente para pensar que poida ser importante e tampouco existe unha base de coñecemento sobre o seu rol na transmisión. Si hai datos sobre monos, roedores e outros pequenos mamíferos, fundamentalmente en África.
"Eu creo que hai que ser prudentes e reducir os contactos estreitos coas nosas mascotas, pero tamén penso que non hai que sobredimensionar o tema. Temos que ser conscientes de que ese risco é posible, pero non hai grandes evidencias", dixo Fernando Simón.