Publicador de contidos
Publicador de contidos

Situación límite do sector porcino por falta de pensos nas granxas

Situación límite do sector porcino por falta de pensos nas granxas

Tan só lles queda comida para un día, e o gando non pode saír para os matadoiros

G24.gal 17/03/2022 18:07

Os criadores de porcos alertan que para eles a situación tamén é crítica. 

Os silos desta granxa de porcos en Silleda están practicamente baleiros. O penso é a única fonte de alimento no sector porcino, por iso, din, se non se permite a subministración, a situación pode supoñer a morte de milleiros de animais.

Piden que se considere un servizo esencial.

En compañías como Coren aínda non teñen problema de abastecemento nas granxas, pero a folga de transportistas obrigou a parar a cadea de produción. 

Tres días sen abastecer o mercado acaban repercutindo nos estantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade