Publicador de contidos
Publicador de contidos

Soben as máximas e queda unha tarde de sol e ceos despexados en Galicia

Soben as máximas e queda unha tarde de sol e ceos despexados en Galicia

Quedamos baixo a influencia anticilónica con ventos do nordés, conforme as previsións de MeteoGalicia

G24.gal 16/04/2023 13:31

Imos notar ben nas próximas horas a influencia do anticiclón e o do vento do nordés. Agardamos que quede unha xornada con ceo despexado e temperaturas agradables en toda Galicia.

As máximas soben outro día máis agás na costa de Lugo, onde poden baixar un par de graos.

Os bancos de néboa matinais nas zonas de interior, deron paso a ceos pouco nubrados ou despexados, con nubes e claros no litoral norte e noroeste.

As temperaturas mínimas non tiveron cambios, mentres que as máximas experimentarán un moderado ascenso. Os ventos soprarán do nordeste, frouxos en xeral, moderados no extremo norte, con intervalos fortes no mar. 

As máximas irán dos 22 na Coruña e Vigo ata os 29 en Ourense. En Pontevedra e Lugo os termómetros chegarán ata os 24, en Santiago aos 25 e en Ferrol aos 23 graos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade