Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sol e calor en Galicia nesta ponte festiva

Sol e calor en Galicia nesta ponte festiva

Este xoves experimentamos unha mellora notable do tempo. Soben aínda máis as temperaturas e loce o sol en toda Galicia. Festivo que convida de novo a gozar das praias. 

G24.gal 15/08/2024 14:49

Comezamos unha ponte festival en Galicia onde o tempo acompañará ao longo destes días con temperaturas altas en toda Galicia o que invita a visitar as praias.

En lugares como as Rías Baixas acadaranse os trinta graos de temperatura que superarán con creces en Ourense. Os mercurios seguirán subindo este venres.

Calor que se nota tamén máis cara ao norte. Buscar o fresco e desfrutar de pequenos refrixerios axudarannos a sobrelevar este tempo solleiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar