Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sol e suba de temperaturas para a fin de semana

Sol e suba de temperaturas para a fin de semana

Poden acadar os trinta graos nalgún punto de Galicia

Empeza o outono astronómico con tempo solleiro

Agosto e xuño foron meses cálidos

G24.gal 22/09/2023 14:14

Mañá cambiamos de estación: o outono entra o sábado preto das nove da mañá. E virá agochándose un pouco e camuflándose de verán, por causa da recuperación da influencia anticiclónica sobre Galicia.

Hoxe aínda non parece que esteamos nesas, en Arzúa a mañá foi de nubes e claros, pero os veciños saben ben o que prefiren: sol e calor. 

A previsión faralles caso. Subirán as temperaturas, e incluso se acadarán localmente os trinta graos o domingo. Entramos nunhas xornadas que se poden considerar un adianto no que o chaman o verán de San Miguel, que aínda cadra no venres próximo. 

Segundo as medicións oficiais, en Galicia xuño e agosto foron cálidos, deixando o mes intermedio, xullo, con temperaturas normais, tirando mesmo a baixas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade