Publicador de contidos
Publicador de contidos

Solicitan trece anos e medio para o fisioterapeuta acusado de tocamentos ás súas clientas

Solicitan trece anos e medio para o fisioterapeuta acusado de tocamentos ás súas clientas

Na súa declaración o acusado negouno, pero algunhas das vítimas precisaron apoio psicolóxico para superar as secuelas

O xuízo continuará este martes na sección quinta da Audiencia de Pontevedra

G24.gal 15/01/2024 14:05

O Ministerio Fiscal solicita trece anos e medio de prisión para o fisioterapeuta e osteópata que segundo o escrito da Fiscalía aproveitou a súa profesión para realizarlles tocamentos a clientas sen que existise consentimento e coa intención de satisfacer o seu ánimo libidinoso.

Na súa declaración o acusado negouno. Dixo que só fixo manobras terapéuticas e que sempre pide a aprobación das súas clientas se ten que aproximarse a unha zona máis íntima. Asegurou que as manipulacións que realizou nada teñen que ver con tocamentos obscenos e non deberían ser obxecto de confusión para estas mulleres.

Pola contra, as denunciantes cualificaron de estrañas as súas técnicas. Manifestaron que as fixeron sentir molestas e aseguraron que sufriran tocamentos nos peitos, na pube e na vaxina sen finalidade terapéutica mentres estaban tombadas e en roupa interior. Algunhas delas precisaron apoio psicolóxico para superar as secuelas.

Unha das vítimas tamén relatou que o procesado a convidou a subir á súa residencia coa escusa de aprenderlle exercicios e que lle propuxo intercambiar os papeis para recibir masaxes dela. O acusado dixo que foi unha decisión consensuada e que nunca se insinuara sexualmente a ningunha clienta.

O xuízo continuará mañá, na sección quinta da Audiencia de Pontevedra.   

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade