Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un veciño de Sada viaxa a Polonia para levar axuda humanitaria e recoller refuxiados ucraínos

Un veciño de Sada viaxa a Polonia para levar axuda humanitaria e recoller refuxiados ucraínos

José pide colaboración a quen queira sumarse á súa iniciativa e poder rescatar máis persoas

G24.gal 07/03/2022 14:21

Con moita ilusión e cheo de ganas, José vai percorrer, en cuestión de horas, máis de 3.200 quilómetros que separan Sada da fronteira de Polonia con Ucraína. Agarda facelo con, polo menos, outra persoa que lle vai facer de tradutor e co que poderá intercambiarse ao volante.

Farán a viaxe cun gran cargamento de alimentos e produtos de primeira necesidade, e de volta transportarán, polo menos, sete mulleres e nenos ucraínos. Porén, agarda poder traer máis. E para iso di que non pide cartos, pero si quen se sume á súa iniciativa.

Así que, calquera que estea interesado en sumarse á súa misión solidaria, pode contactar con José neste enderezo electrónico: tujefete@gmail.com

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade