Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un veciño afectado pola explosión de Paramos recibe unha doazón para reconstruír a súa vivenda

Un veciño afectado pola explosión de Paramos recibe unha doazón para reconstruír a súa vivenda

Problemas para poder acreditar que era o seu propietario impedíronlle cobrar unha parte das axudas

G24.gal 23/11/2021 13:49

Por fin Álex poderá reconstruír o pouco que tiña cando a explosión de Paramos levou por diante a súa vivenda.

Problemas para poder acreditar que era o seu propietario impedíronlle cobrar unha parte das axudas que se achegaron aos afectados. Sen elas foi imposible para el acometer a reconstrución da casa. 

Agora os seus cascallos converteranse nunha vivenda digna grazas á doazón que recibirá dos fondos da Asociación de Afectados de Paramos.

A solidariedade é o nexo común da orixe e do destino dos 30.000 euros que farán posible reconstruír algo máis que unha casa, unha vida. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade