Publicador de contidos
Publicador de contidos

Solleiro Domingo de Ramos na procesión da Borriquiña en Viveiro

Solleiro Domingo de Ramos na procesión da Borriquiña en Viveiro

A Procesión da Borriquiña atrae centos de nenos cada ano como marca a tradición

G24.gal 24/03/2024 14:19 Última actualización 24/03/2024 19:13

Un único paso formado por un grupo escultórico de catro figuras representando a Xesucristo, á Borriquiña, a unha muller en actitude de adoración e un cativiño cunha palma, centraron o Domingo de Ramos na Semana Santa de Viveiro.

Unha procesión en que centos de cativos acudiron coas súas palmas, cos seus ramos de oliveira e tamén cos ramiños de loureiro para recibir a beizón que se fixo na Praza Maior.

"Hai a tradición de que todos os nenos estean en roupa de primavera, é bo tamén para o comercio porque todo o mundo compra roupa para este día e ves que a praza está abarrotada porque a xente participa moito nesta procesión. Aínda que agora os cativos participan case todos os días, hoxe é o día de toda a vida en Viveiro", explica Xosé Veiga, presidente da Xunta de Confrarías de Viveiro.

Esta procesión saíu ás doce da mañá dende a Igrexa de San Francisco e percorreu parte das rúas do casco histórico de Viveiro, ata chegar á Praza Maior.

"É unha tradición vir a Viveiro cos nenos o día da procesión e aquí estamos un ano máis".

"Dende pequeniña trouxéronme á procesión da Borriquiña e seguimos por costume".

"Levantamos as palmas cara a arriba e bendícennos coa auga bendita, é divertido".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade