Sorpresa veciñal ante a interveción artística nun paso subterráneo de Vigo
Sorpresa veciñal ante a interveción artística nun paso subterráneo de Vigo
Limparon este paso en Camelias e nas súas paredes colgaron varios cadros
Ninguén coñece a autoriía desta especie de galería de arte suburbana
A. P. Stosa Galery é un novo e misterioso espazo artístico que xurdiu no pasadizo subterráneo que comunica as rúas viguesas de Camelias e Ourense. A intervención sorprendeu e gustou aos veciños da zona acostumados a atopar este paso cheo de sucidade.
Xerou moita curiosidade pero sobre todo dúbidas e apostas de todo tipo sobre a súa posible autoría. Hai quen di que foi cousa do alcalde, quen aposta por unha estratexia publicitaria, por unha provocación artística ou quen asegura non ter idea.
Segundo o seu horario, pecha o Xoves Santo e o vinte de abril para liquidar o IVE, pero o resto do mes están a tempo de visitar esta galería e opinar sobre a súa calidade artística ou a súa capacidade de sorprender.