Publicador de contidos
Publicador de contidos

SOS Rural quere construír unha plataforma para canalizar o descontento do sector primario

SOS Rural quere construír unha plataforma para canalizar o descontento do sector primario

O movemento SOS Rural presentou este venres os seus obxectivos en Santiago

G24.gal 15/12/2023 18:49 Última actualización 15/12/2023 20:12

O movemento SOS Rural, xestado en Murcia, presentou este venres os seus obxectivos en Santiago. Pretenden constituír unha plataforma ampla para canalizar o descontento coas políticas das administracións en relación ao sector primario. Cuestionan, por exemplo, algunhas medidas ambientais como as restricións a determinados produtos fitosanitarios por parte da Unión Europea.

A presidenta da Fundación Ingenio, vencellada á comunidade de regadores do campo de Cartaxena, explicou na praza de abastos de Santiago os obxectivos da iniciativa.

"Unha asociación de agricultores hortofrutícolas da zona que se decata do problema enorme que ten o mundo rural: gandería, pesca, agicultores e deciden tirar para adiante cunha fronte común para o que van precisar a toda España porque todos teñen os mesmos problemas", explica Natalia Corbalán, presidenta da Fundación Ingenio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade