Publicador de contidos
Publicador de contidos

Stellantis presenta en Vigo a súa nova unidade de vehículos comerciais

Stellantis presenta en Vigo a súa nova unidade de vehículos comerciais

Por primeira vez renovan todos os modelos da súa gama de comerciais 

Stellantis pretende ser líder na fabricación de vehículos comerciais no mundo en 2027

G24.gal 22/02/2024 09:03

Stellantis escolleu Vigo, onde se sitúa a maior fábrica de vehículos comerciais do grupo Stellantis, para presentar este mércores en España a unidade de negocio de vehículos comerciais do grupo, coa que aspira a ser líder mundial do segmento en 2027, que implicará a renovación de toda a gama á vez, unha "ofensiva xamais vista".

Alberto de Aza, CEO de Stellantis Prol One Iberia, capitaneou o primeiro evento de Prol One en España e anunciou que por primeira vez renovan toda a gama de comerciais, doce modelos, á vez e avanzou que "se verá o mes que vén". Asegurou: "Algo como o que imos vivir este ano non se viu nunca no mercado", menos no mundo do vehículo industrial.

Liderar a produción de vehículos comerciais en 2027

En 2023,  Stellantis vendeu 578.000 unidades de vehículos comerciais en Europa e no mercado español, o grupo encabeza as matriculacións cun 35,2 % de cota, que se converte nun 48,9 % de penetración no caso dos comerciais 100 % eléctricos. "O obxectivo é sermos líderes claros no mercado mundial, europeo e español de eléctricos comerciais", asegurou De Aza.  O CEO de Stellntis Prol One Iberia salientou ademais que teñen "boas perspectivas" para 2024 e apuntou que Prol One xoga "un papel fundamental" na estratexia de Stellantis Dare Forward 2030, tanto no plano comercial como no resultado económico.

Redución das emisións de CO₂

Con este novo plan estratéxico, a compañía tamén ten o  compromiso de reducir o CO₂ como paso intermedio do obxectivo de chegar ás cero emisións de carbono en 2038.  Unha estratexia con que pretenden ser líderes en vehículos comerciais en 2027 no mundo conforme a unha mobilidade limpa, segura e accesible. 

A nova xeración de vehículos comerciais de Stellantis Prol One ofrecerá capacidades dirixidas a optimizar a xestión de frotas, unha área de negocio emerxente, xa que o Grupo prevé ingresar cinco billóns de euros por este tipo de servizo en 2030.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade