Cargando resultados...
Stellantis Vigo suspende ata novo aviso a produción de turismos
Stellantis Vigo suspende ata novo aviso a produción de turismos
A produción detívose o venres á noite por falta de compoñentes
A suspensión afecta o Sistema 1, que ensambla os modelos Peugeot 2008, Peugeot 301 e C-Elyséee
G24.gal
07/03/2023 11:51
A dirección da planta que o Grupo Stellantis ten en Vigo informou este martes aos traballadores de que a actividade no Sistema 1 de produción non se renovará ata novo aviso por falta de compoñentes.
A produción leva detida desde a quenda de noite do pasado venres. A compañía, que tiña previsto retomala mañá, vese obrigada agora a prolongar indefinidamente a parada.
O Sistema 1, dedicado á produción de turismo, ensambla os modelos Peugeot 2008, Peugeot 301 e C-Elyséee. Dos dous sistemas que ten a planta, é o máis afectado pola falta de semicondutores e microchips.