Cargando resultados...
Sumar enfróntase a Calviño e critica os recortes propostos para o subsidio de paro
Sumar enfróntase a Calviño e critica os recortes propostos para o subsidio de paro
Sumar pretende incrementar a contía do subsidio e manter unha duración máxima de 30 meses
Sumar cre que a proposta da socialista Calviño castiga os desempregados
G24.gal
11/12/2023 14:36
O voceiro de Sumar é claro. O subsidio de desemprego non é ningún agasallo, e non están dispostos a aceptar os recortes que, segundo di, contempla a proposta que lles remitiu o Ministerio de Economía. Pola contra, a súa responsable, Nadia Calviño, defende que procura fomentar a reincorporación ao mercado laboral.
Sumar pretende incrementar a contía do subsidio e manter unha duración máxima de 30 meses. A falta de coñecer a proposta definitiva de Economía, ata o de agora rebaixaba tanto a cantidade a percibir polos desempregados como a duración da prestación, cun tope de 12 meses.