Suspendida a primeira regata da liga ACT na Coruña
Suspendida a primeira regata da liga ACT na Coruña
O mal estado do mar impide a celebración da primeira xornada da Bandeira da Coruña
Disputarase a xornada do domingo pero o embarque realizarase desde a Praia do Matadoiro ou a de Santo Amaro
O Comité Técnico da Liga ACT decidiu suspender a primeira xornada da Bandeira da Coruña por mor do mal estado da mar. O perigo para botar as embarcacións á auga foi decisivo para tomar esa determinación. A organización estuda agora alternativas para a proba do domingo, xa que as perspectivas tampouco son boas. A disputa da regata, en principio, está garantida, pero o embarque será desde a Praia do Matadoiro ou de Santo Amaro.
Os equipos galegos amosáronse contrariados. O representante de Cabo de Cruz, Diego Suárez, entendeu a decisión pero dixo que "faltou previsión". O representante de Samertolameu, David Costa, cre que de debeu disputar a regata pois "isto é remo, non é parchís".