Susto no polígono industrial de Sigüeiro polo incendio na nave dunha empresa de autobuses
Susto no polígono industrial de Sigüeiro polo incendio na nave dunha empresa de autobuses
As lapas afectaron finalmente só á zona de oficinas
Os bombeiros de Ordes tiveron que pedir reforzos ao parque de Arzúa pola escaseza de persoal na quenda
Susto esta madrugada no polígono industrial de Sigüeiro, en Oroso, polo incendio na nave dunha empresa de autobuses. Por sorte, os propietarios lograron poñer a salvo os autocares e as lapas só afectaron á zona de oficinas.
Minutos antes das 4 da mañá os bombeiros de Ordes recibían o aviso do 112 dun incendio na nave dunha empresa de autobuses no polígono industrial de Sigüeiro en Oroso.
En previsión de que o lume alcanzara maiores dimensións e que o persoal do parque en quenda era insuficiente, pediron reforzos aos bombeiros de Arzúa como explica o cabo xefe de quenda dos bombeiros de Ordes José Luis Pareja.
A rápida intervención dos bombeiros e do persoal da empresa que logrou sacar os vehículos da nave evitou maiores consecuencias. As lapas afectaron finalmente so á zona de oficinas. Esta mañá o persoal da empresa traballaba sen descanso na limpeza do mobiliario de oficina que se salvou das lapas pero que quedou ennegrecido polo fume.
Visiblemente afectados e cansos despois dunha noite en vela declinaron facer declaracións. Está por determinar a orixe do incendio.