Publicador de contidos
Publicador de contidos

Susto nun avión que caeu en picado en Vigo durante uns segundos

Susto nun avión que caeu en picado en Vigo durante uns segundos

Un pasaxeiro conta que os móbiles saíron voando e algúns pasaxeiros deron coa cabeza no teito do avión

O mal tempo impediu que aterrase en Galicia e regresou a Madrid

"Non volvo subir a un avión. Volvo andando se fai falta", dixo un dos pasaxeiros

G24.gal 22/11/2022 14:19

Susto entre os pasaxeiros dun avión que tiña que aterrar en Vigo, despois de que a aeronave caese en picado durante uns segundos.

Nela viaxaban as seleccións galegas de fútbol sub-14 e sub-16, que volvían do Campionato de España de seleccións autonómicas.

José Luis Chantrero, voceiro da Federación Galega de Fútbol, explica que viviron "dous ou tres segundos en que hai unha caída, un descenso en picado. E nese momento quedas suspendido no aire, non! Como a típica montaña rusa, cos móbiles voando. Algúns tropezaron coa cabeza no teito do avión".

José Luis Chantrero engade que nese momento "non escoitas nada. Non hai voces. Hai silencio e hai caras. Hai xestos basicamente. Hai miradas. Ata que o piloto nos tranquiliza un 'pouco' e a partir de aí xa se empeza a falar. Vaia, que susto e tal".

O piloto explicoulles que os avións teñen medidas automáticas para remontar o voo. Pero a situación atmosférica seguía adversa e sen se repor do susto tiveron que volver a Madrid. Na expedición había trinta e seis menores.

Chantrero conta que nese momento xurdiu un dilema: "Eu creo que non sei se teriamos os maiores mesmo máis susto. Que non volviamos no avión de ningunha maneira. Un rapaz dixo que volvía andando se facía falta".

Volveron en autobús. 24 horas de Tenerife a Vigo nunha viaxe que remataban cansos pero felices nas súas casas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade