Publicador de contidos
Publicador de contidos

Támara Echegoyen, proposta como abandeirada española

Támara Echegoyen, proposta como abandeirada española

Será a cuarta participación olímpica da regatista galega, medalla de ouro en Londres

G24.gal 24/06/2024 19:49

Ten un palmarés espectacular con campionatos de Europa, campionatos do Mundo e a medalla de ouro olímpica acadada nos Xogos de Londres en 2012. Támara Echegoyen, regatista galega, participará en París nos seus cuartos xogos olímpicos e será proposta como abandeirada da delegación española a carón de Marcus Cooper, padexeiro que compite no K4 500 a carón dos galegos Rodrigo Germade e Carlos Arévalo. 

Támara Echegoyen tamén participou nos Xogos do Río, en 2016, e nos de Toquio, en 2021. Nos dous quedou ás portas da medalla -ocupou a cuarta praza- que pelexou ata o último intre na Medal Race. Con case total seguridade será o último ciclo olímpico que afronte Echegoyen que tentará pechalo cun metal. A honra de ser abandeirada xa fala da importancia e o peso que ten dentro do deporte español esta pontevedresa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos