Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tanxugueiras, as grandes favoritas para Eurovisión

Tanxugueiras, as grandes favoritas para Eurovisión

O seu tema 'Terra' está de número 1 nas apostas e sobe como a escuma en YouTube, Spotify e Apple Music

Jessica Fernández 23/12/2021 11:37

Hai dous días, o 21 de decembro ás 00:00 horas, Tanxugueiras lanzaron en todas as plataformas o seu tema 'Terra', co que competirán por gañar o Benidorm Fest 2022, que se celebra os días 26, 27 e 29 de xaneiro, e así representar España cunha canción en galego.

E teñen moitas papeletas para converterse nas primeiras que conseguen levar o noso idioma a un certame internacional como é Eurovisión, xa que en poucas horas, a canción xa se convertera nunha das máis escoitadas en todas as plataformas.

En YouTube aparecía ás poucas horas de subila entre os cinco vídeos máis vistos en 'Tendencias' e en pouco máis de 48 horas subiu ao terceiro posto e xa ten case medio millón de visualizacións.

Da mesma maneira, Tanxugueiras publicaron nas súas redes sociais unha captura de pantalla na que 'Terra' aparecía de terceira na lista de 'Spain iTunes Top Songs' de Apple Music. 

E tamén en Spotify, onde Tanxugueiras alcanzaron nun día as 100.000 reproducións do seu tema.

Ademais, o medio especializado en información sobre Eurovisión, 'ESCplus' lanzou esta mañá a unha aplicación que predí quen vai gañar o Benidorm Fest 2022 en tempo real e a primeira que aparece no ránking é 'Terra', de Tanxugueiras.

Recompilaranse resultados de diferentes fontes como casas de apostas, reproducións das cancións en Youtube, as reaccións dos usuarios do medio e outros votos, para actualizar constantemente a porcentaxe de probabilidade de vitoria de cada país.

Outra páxina web que tamén está recompilando datos para proporcionar porcentaxes de voto é 'Eurovisionworld', que tamén ten a canción 'Terra' como a primeira favorita para gañar o Benidorm Fest 2022.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade