Tecnoloxía para a eficiencia enerxética e a seguridade a bordo en Navalia
Tecnoloxía para a eficiencia enerxética e a seguridade a bordo en Navalia
A feira internacional do sector naval chega ao seu ecuador
Os seminarios paras profesionais programados para esta xornada de mércores están marcados polos desafíos tecnolóxicos, desenvolvementos orientados á dixitalización ao servizo da economía verde e da seguridade a bordo. E nos 400 expositores, estaleiros, enxeñerías e consultoras seguen a presentar os seus plans estratéxicos e solucións innovadoras para un sector en metamorfose.
Unha ponte de mando xa facilita a navegación no caladoiro das Malvinas de varias embarcacións recentemente construídas na ría de Vigo.
Tamén os palangreiros da Guarda e os produtores de pesca do porto de Marín presentaron en Navalia os seus proxectos tecnolóxicos para a eficiencia enerxética e a seguridade a bordo.
O programa das xornadas técnicas retrata un sector consciente de que a dixitalización é o seu reto de futuro e de supervivencia. O sector naval galego representa o 43 % do total español.