Publicador de contidos
Publicador de contidos

Temor dunha familia de Lugo pola presenza dun niño de velutina na vivenda

Temor dunha familia de Lugo pola presenza dun niño de velutina na vivenda

O enxame leva máis dun mes instalado nun pendello

Non poden acceder á horta nin encher a piscina

G24.gal 14/08/2023 13:26

Manuel olla impotente cara á horta e as froiteiras da súa leira, ás que non pode acceder porque a presenza de velutinas pon en perigo a súa vida. Este veciño de Teixeiro, en Lugo, descubriu un niño do insecto asiático no interior do pendello onde garda os apeiros e situado no acceso á leira e a poucos metros da vivenda familiar. O niño non deixa de medrar porque nas froiteiras teñen todo o alimento que precisan.

A familia tampouco pode refrescarse na piscina porque a auga faría de reclamo para as velutinas, nin atender o xardín sen temor a sufrir ataques do insecto. O propio Manuel é alérxico ás picadas e ten unha neta de curta idade, polo que viven co temor de que aconteza algunha desgraza por causa da vespa asiática. Ademais, levan semanas reclamando que os especialistas acudan retirar o niño pero de momento toparon cun muro administrativo que o fixo imposible.

A avespa velutina leva trece anos en Galicia e xa se considera endémica. Este ano retiráronse máis de 2.500 niños pero a súa presenza vai a máis e pon en risco a colleita de mel en Quiroga ou na Mariña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade