Publicador de contidos
Publicador de contidos

Temperaturas baixo cero de madrugada nas comarcas da Limia e Monterrei

Temperaturas baixo cero de madrugada nas comarcas da Limia e Monterrei

G24.gal 06/02/2022 16:01

O sur da provincia de Ourense volveu amencer con temperaturas baixo cero e xeadas. A mínima, de -7,8 graos, rexistrouse contra as oito desta mañá na estación de Meteogalicia no concello de Calvos de Randín, na comarca da Limia que, xunto a Monterrei, son as máis frías de Galicia.

Despois dunhas noites un pouco máis suaves, tamén baixaron os termómetros ata os 6 graos negativos en Baltar, Xinzo e Verín. Con todo, o sol luciu desde primeira hora da mañá e a temperatura volveuse agradable.

De feito, na zona do Ribeiro e Ourense chegaron este sábado ata os 18 graos, valores altos para esta primeira fin de semana de febreiro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar