Tempo de contrastes no verán de San Miguel
Tempo de contrastes no verán de San Miguel
Día seco e solleiro no interior fronte ás chuvias rexistradas na costa atlántica
Na cidade de Lugo rexistráronse nesta xornada máximas de ata 27 graos. Son temperaturas propias do verán que se agradecen, ante a chegada inminente do outono. As mínimas tamén están a ser suaves, máis propias do xa pasado período estival, con 14 graos ao amencer.
Non en van, encontrámonos xa metidos de cheo no chamado verán de San Miguel. Trátase dun período de días normalmente asociado á presenza de altas presións, cun tempo seco e solleiro. O vento tamén está a soprar frouxo, con refachos puntuais de maior intensidade.
Pero non en todo o país se puido gozar nas últimas horas do sol e de temperaturas agradables. Na fachada atlántica chegou a chover, aínda que se prevé unha mellora cara á fin de semana.