Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tempo de empezar a poñer as hortas

Tempo de empezar a poñer as hortas

Coa chegada da primavera, dispárase a venda de plantío nas feiras

A suba de prezos tamén se traslada ao rianxo

G24.gal 04/04/2023 14:05

Non hai unanimidade hoxe no rianxo da feira de Maceda. Para algúns, aínda é pronto para poñer a horta e outros xa van apurados. "Está miña curmá, que quere poñer as cebolas e eu dígolle que aínda é pronto. Á parte que están carísimas, e vainas levar a xeada", comenta unha muller. "Ao chegar xa as planto. Á cebola a xeada non lle fai dano, que aquí xea moito, eh!", replica outro.

As cebolas, leitugas e repolo son o que máis saída ten hoxe. Tamén amorodo, que vén xa coa flor, algunha ata trae froito.

"Empézanse a animar con algún tomate, pero téñenlles medo ás xeadas, así que, de momento, vai amodo", di Jordi Rodríguez, vendedor.

No que están todos de acordo é en que a suba de prezos tamén se trasladou ao rianxo.

"Encareceu todo moito porque subiu todo: a terra, a bandexa, as sementes... e todo encarece. Ademais, o tempo foi malo, a semente non creceu e moita levouna o temporal", explica María Consuelo, tamén vendedora. 

A cousa está en velo como un investimento para aforrar na cesta da compra cando estas plantiñas, agora tan fráxiles, empecen a dar froito.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos