Tempo de praia no sur de Galicia e temperaturas máis frescas no norte
Tempo de praia no sur de Galicia e temperaturas máis frescas no norte
En Ourense e Pontevedra acadáronse 30 graos e algunhas praias enchéronse de bañistas
Con temperaturas rozando os 30 graos en Vigo e Pontevedra moita xente aproveitou para achegarse á praia.
"Precioso, hoxe está un día fantástico, de praia, para celebrar a noite das meigas e das flores".
"O tempo está espléndido para calquera cousa".
"Temos moitas gañas de sol porque nos fai falta o sol".
E o sol chegou polo San xoán ás Rías Baixas deixando este día.
"Moi bo, porque ademais hai unha brisiña e co sol quentando, de marabilla. non sei a auga. O tempo boísimo, a ver se dura".
"A auga estupenda, moi boa. outras veces está fría pero está moi ben".
Temperaturas tamén de verán no interior. En Ourense superaron os 30 graos.
"De momento non se vai notando moito calor, aínda se vai aguantando pola mañá, pero a partir das 11 ou 12 é cando empeza a pegar de verdade".
"Si, o sol xa quenta, xa pica".
"Xa fai falta que xa pasamos do 40 de maio".
"Este mes de xuño veu bastante bo, bastante fresco, comparado con outros anos. Disque vai vir un verán caloroso. Eu xa estou tremendo".
Nada que ver coas temperaturas do norte, bastante máis frescas. En Santiago e Lugo non chegaron a 24 graos, en Ferrol rozaron os 22 e na Coruña os 20.