Cargando resultados...
Tensión polo aumento da demanda de voto por correo
Correos anuncia 5.500 contratos, que os sindicatos ven insuficientes para reforzar o servizo
G24.gal
07/06/2023 14:46
A solicitude de voto por correo para as próximas eleccións xerais crea tensións no servizo. Dende os sindicatos Comisións Obreiras e UXT confían en que se poñan os medios necesarios. Correos anunciou 5.500 contratos en España para reforzar o servizo, pero non todos os ven suficientes.
O Sindicato Libre de Correos anunciou unha folga quince días antes das eleccións se non se incrementa o cadro de persoal. O preaviso de folga presentado é do 7 ao 23 de xullo na Comunidade de Madrid. Unha folga que Comisións Obreiras xa cualificou de "erro", ante o dereito ao voto nunhas eleccións xerais.