Cargando resultados...
Tentan roubar nunha empresa de Coristanco ameazando unha traballadora con varias armas
Os ladróns, que actuaron coa cara cuberta, finalmente fuxiron
G24.gal
18/01/2025 15:16
Asalto, armados con pistola e escopeta, a unha empresa en Coristanco. Catro persoas coa cara cuberta intentaron perpetrar un roubo que semella de película. A Garda Civil fíxose xa cargo da investigación. Os feitos sucederon na tarde deste venres, e os individuos, logo de atemorizar unha empregada do servizo de limpeza, fuxiron.