Remata unha peregrinación moi especial da man de CamminAutismo
Remata unha peregrinación moi especial da man de CamminAutismo
15 mozos italianos con trastorno do espectro autista completaron o Camiño entre Sarria e Santiago, acompañados por axentes da Garda Civil que colaboran por terceiro ano no proxecto solidario
Hoxe chegou á praza do Obradoiro un grupo de peregrinos co trastorno do espectro autista acompañado por axentes da Garda Civil que colaboran por terceiro ano no proxecto solidario CamminAutismo.
Son 15 mozos de nacionalidade italiana que fixeron o camiño dende Sarria. Están acompañados por un equipo multidisciplinar de educadores, enfermeiros e voluntarios, ademais de por axentes da Garda Civil que colaboran dende hai anos no plan de seguridade xacobea.
Distintos grupos dentro do Instituto Armado acompañan e velan pola seguridade do grupo. Cabalería, Seprona, ARS. Para todos eles é un dos seus traballos máis gratificantes.
A experiencia do Camiño para estas persoas supón todo un desafío en que aprenden a mesturarse cunha contorna diferente e tamén novos xeitos de relacionarse con persoas distintas aos seus familiares máis próximos.