Publicador de contidos
Publicador de contidos

Teresa Portela disputará os seus sétimos xogos e liderando a armada galega do piragüismo

Teresa Portela disputará os seus sétimos xogos e liderando a armada galega do piragüismo

O K4 500 da canguesa e Carolina García e o de Arévalo e Germade cumpriron os prognósticos no selectivo nacional

O C2 500 de Antía Jácome tamén logrou o pasaporte para París

G24.gal 10/04/2024 12:09 Última actualización 10/04/2024 16:04

O selectivo nacional para a elección do equipo español de piragüismo esprinte que disputará os Xogos Olímpicos de París 2024 arrincou este mércores ás nove da mañá no encoro pontevedrés de Verducido.

Unha primeira xornada de escasos 50 minutos de duración na que as cinco grandes referencias do piragüismo galego cumpriron cos prognósticos.

Teresa Portela estará á cabeza da xeración de ouro galaica, disputando o próximo mes de agosto os que serán os seus sétimos Xogos Olímpicos

" É un éxito. Feliz de poder seguir desfrutando noutros xogos"

"Quen mo ía dicir, 24 anos despois estarei nos meus sétimos. Ilusionada e emocionada"

Arrincou o selectivo coa pontevedresa Antía Jácome e a súa compañeira de C2 500, a madrileña María Corbera, materializando o seu pasaporte para a gran cita en terras galas. Jácome e Corbera acabaron facendo boa a súa condición de grandes favoritas en calidade de vixentes subcampioas do mundo. Iso si, sufrindo ata o final pola presión que á súa esquerda metéronlles a pontevedresa Antía Otero e a mallorquina María dels Angels Moreno.

O K4 500 que capitanea Teresa Portela saíu ás augas do encoro pontevedrés de Verducido sen dar a menor concesión ao único barco que se atreveu a plantarlle cara ao cuarteto que en agosto do 2023 colgaba o bronce no Mundial que daba os pasaportes por país para París 2024. Xunto á pontevedresa Carolina García, a asturiana Sara Ouzande e a estremeña Estefanía Fernández, non deron opción. Tras gañar a prata no K1 200 en Tokyo, Teresa Portela disputará en París os seus sétimos Xogos Olímpicos.

Acto seguido, tocoulle a quenda ao K4 500 masculino dos galegos Carlos Arévalo e Rodrigo Germade e os seus compañeiros de prata olímpica en Toquio, o catalán Saúl Craviotto e o balear Marcus Cooper. Lograron a praza, pero con máis dificultades das agardadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos