Teresa Portela pelexará en Alemaña por estar nos seus sétimos Xogos
Teresa Portela pelexará en Alemaña por estar nos seus sétimos Xogos
Será co K-4 500 metros, onde tamén está outra galega, Carolina García
Teresa Portela marcha a Alemaña para participar nos Mundiais de piragüismo. Teresa quere certificar a presenza en París. Serían os seus sétimos xogos. Desta volta co K-4 500 metros, onde tamén está outra galega, Carolina García.
De Toquio, en época de pandemia, volveu cunha medalla olímpica. Eran os seus sextos Xogos. Competir nos sétimos pasa por un K4 500 que naceu hai pouco máis dun ano. Foi para Teresa Portela un retorno ao pasado, a un barco e distancia que aló polo 2010 con outras compañeiras subía moitas veces ao podio.
Hoxe, en Verducido, o novo K4 tivo o penúltimo control antes do mundial da vindeira semana en Alemaña. É a cita máis agardada dende hai dous anos. Este mundial é a única opción que ten o K4 de conseguir praza para París 2024.
"Atopámonos moi ben. Temos opcións para conseguir praza pero quero ser prudente".
Os últimos resultados do K4 convidan ao optimismo: cuartas no anterior mundial e dúas pratas nas últimas dúas Copas do Mundo.