Cargando resultados...
Tirán debuta na Liga ACT feminina con "nervios e ilusión"
Tirán debuta na Liga ACT feminina con "nervios e ilusión"
Esta temporada a competición pasa de catro a oito equipos coa presenza de dous conxuntos galegos
G24.gal
29/06/2023 15:53
O único equipo que no 2023 debuta na Liga ACT é a tripulación feminina de Tirán. Será a terceira temporada de David Serodio como adestrador dun equipo que apenas foi mudando. A temporada pasada acadaron a praza na Euskotren pola renuncia a última hora de Chapela.
De todos os xeitos, polas cotas que hai na normativa da Liga, este verán non haberá, sexa cal sexa a clasificación, descensos de clubs galegos.