Publicador de contidos
Publicador de contidos

Todo o litoral galego pasa a estar en aviso laranxa por temporal costeiro

Todo o litoral galego pasa a estar en aviso laranxa por temporal costeiro

Situación moi complicada no mar, chuvia e fortes refachos de vento

Este mércores chega Ivo, unha nova borrasca que traerá avisos a toda Galicia

G24.gal 28/01/2025 14:32

 "Herminia a min paréceme que foi das peores dos últimos vinte anos", di un veciño de Caión.

E boa parte da súa pegada deixouna no mar. Desde as tres da tarde, o aviso por temporal costeiro é laranxa con ondas de entre cinco e seis metros de altura.

 "O mar está ben para velo desde terra... non desde o mar".

E por iso a frota galega quedou amarrada a porto.

"Se non van ao mar, non cobran", comenta un mariñeiro retirado.

"E non imos saír ata o venres. Así estamos en toda Galicia", comenta José Héctor Morgade Carracedo, o patrón maior da confraría de Caión.

Unha situación que provocou que varios cargueiros tiveran que buscar abrigo na ría de Ares á espera de poder descargar nos portos de destino.

Pero semella que o tempo non vai mellorar, polo momento. Mañá chega Ivo, unha nova borrasca que trae avisos por vento, precipitacións e neve, e tamén no mar haberá un aviso laranxa.

"Pero ese non é como unha muller que está marchando, Herminia".

En terra o vento sopra con forza provocando múltiples incidencias. Na Coruña, por exemplo, esta mañá, os bombeiros tiveron que recolocar todo este material de obra que os fortes refachos desprazaron cara ao paseo marítimo.

 "E treboadas... Que meten medo, máis ca o vento", comentan.

Así que non queda outra que manter a precaución e evitar as zonas próximas ao litoral.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade