Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os candidatos á alcaldía de Lugo animan a poboación a exercer o dereito ao voto

Os candidatos á alcaldía de Lugo animan a poboación a exercer o dereito ao voto

G24.gal 28/05/2023 15:55 Última actualización 28/05/2023 16:16

Con anécdota incluída votaba a primeira hora a candidata do Partido Popular á alcaldía de Lugo, Elena Candia quen, nun despiste, só entregou o DNI ao presidente da mesa, sen darlle o sobre co voto. Resolveu a situación con risas, collendo papeleta e sobre in situ. 

A candidata socialista á alcaldía de Lugo, Lara Méndez, votou no Auditorio Gustavo Freire acompañada da súa familia. Explicoulle á súa pequena como votar e a nena axudoulle a meter a papeleta na urna.

Rubén Arroxo, candidato do Bloque ao Concello de Lugo, tamén colleu a papeleta no propio colexio electoral, no polígono industrial do Ceao. Animou os cidadáns a votar pola cidade que queren.

Olga Louzao, candidata de Ciudadanos á alcaldía de Lugo, votou ás once e media da mañá e acudiu ao colexio electoral acompañada da familia. Á saída lembrou a importancia de exercer este dereito.

Todos os candidatos visitarán os colexios electorais ao longo do día. Agradeceron o seu labor aos cidadáns convocados nas mesas, aos apoderados, interventores e funcionarios que fan posible que a xornada se desenvolva con normalidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar