Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tomar o sol pode ser ata beneficioso para a pel, pero sen descoidar protexela

Tomar o sol pode ser ata beneficioso para a pel, pero sen descoidar protexela

A primeira recomendación é usar un protector solar e non ten por que ser unha crema

G24.gal 11/04/2023 22:11

Tras as vacacións de Semana Santa volveron rexistrarse consultas dermatolóxicas por exposicións ao sol.

"Houbo moitos casos de queimaduras solares e reaccións de fotosensibilidade por medicación porque cousas moi correntes como os diuréticos que máis se usan producen fotosensibilidade", explica Eduardo Fonseca Capdevila, xefe de servizo de Dermatoloxía da Área sanitaria da Coruña.

Para evitar danos a primeira recomendación é usar un protector solar e non ten por que ser unha crema.

"A protección solar é imprescindible, agora ademais temos outras ferramentas de protección, non só a tópica senón tamén a oral", asegura Blanca González Herrero, vogal de Dermofarmacia do Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña.

O doutor Fonseca Capdevila engade: "A xente ás veces interpreta o da fotoprotección como dar unha crema, pero non. A roupa é un mecanismo de fotoprotección e tamén un sombreiro ou un parasol".

Non só nesta época do ano, a primavera ou o verán, cando aumentan as horas de exposición ao sol, debemos coidar a nosa pel. Para manter unha boa saúde dermatolóxica os especialistas recomendan manter os coidados durante todo o ano.

"No inverno, como a pel sofre un pouco máis polas as inclemencias do tempo cando é frío ou as calefaccións, deberiamos buscar hidratación, que o que vai facer é que teñamos unha pel máis sa, e con iso imos mellorar tamén a resistencia da pel á radiación solar", aclara a sanitaria Blanca González Herrero.

Tomar o sol pode ser ata beneficioso para a pel, pero sen descoidar protexela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar