Un ferido ao explotar a súa embarcación de recreo en Moaña
Un ferido ao explotar a súa embarcación de recreo en Moaña
Segundo informa o 112, o home ten queimaduras nos antebrazos
Un home sufriu queimaduras nos antebrazos por mor dun incendio na súa embarcación de recreo que tivo lugar este mércores na parroquia moañesa de Domaio (Pontevedra).
O accidente, segundo informou este xoves o 112 Galicia, produciuse arredor das 22 horas da noite no porto.
Varias foron as persoas que alertaron do sucedido, indicando que se produciu unha explosión nunha embarcación, a cal comezara a arder e que no momento da explosión unha persoa se atopaba no barco.
O 112 Galicia solicitou a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Morrazo, do persoal de Salvamento Marítimo, dos axentes da Garda Civil e da Policía Local e dos efectivos de Protección Civil.
Como resultado un home quedou ferido con diversas queimaduras e o interior da embarcación, unha planadora de poliéster que comezou a arder ao tratar de arrincala, viuse afectado polo lume.