Publicador de contidos
Publicador de contidos

Touriñán, seleccionador galego para o partido da "outra Irmandiña"

Touriñán, seleccionador galego para o partido da "outra Irmandiña"

A Federación acolleu o anuncio do cartel e de diversas actividades para o día do partido

G24.gal 27/05/2024 13:02

Esta mañá a Federación Galega de Fútbol acolleu o anuncio oficial de presentación do cartel oficial para o encontro entre Galicia e Panamá e diversas actividades que se desenvolverán ao longo do día. A imaxe do partido, deseñada por María J. Pulido, foi oficializada como representación do encontro. 

O máis destacado foi a cita para o partido da "outra Irmandiña", que terá lugar o venres ás doce e media da mañá no Campo de Coia. Xosé Touriñán presentou unha lista de múltiples nomes coñecidos da cultura, deporte, comunicación e outros campos do panorama galego. Algúns dos máis destacados son as Tanxugueiras (encargadas de entoar o himno galego no partido oficial), ex-futbolistas como Jonathan Aspas ou o propio presidente da Federación, Rafael Louzán. 

Tras agradecer o convite da Federación e a organización deste evento, foi a quenda para Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, que lembrou certos datos históricos sobre a traxectoria da selección galega no pasado e agradeceu o evento. Por último, interviu o Vicepresidente da Real Federación Galega de Fútbol, Fernando Iglesias, que destacou o fito que supoñía a organización deste partido polo seu custo e dificultade. 

O partido da Irmandiña será o venres ás 20:00 en Balaídos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade