Traballo intenso en leiras e hortas para aproveitar o tempo solleiro
Traballo intenso en leiras e hortas para aproveitar o tempo solleiro
A ensila da herba e a sementeira do millo van moi atrasadas
As terras aínda están molladas e dificultan o traballo
Preparar as leiras para botar o trigo, rematar ou mesmo comezar a ensila da herba, sachar patacas ou sacarlle os bravos as videiras. Todo o que non se puido facer nas últimas tres semanas no campo haino que facer a toda présa nestes días solleiros. Un traballo moi intenso e que se volve máis difícil por estar a terra aínda mollada. De feito, nalgunhas leiras aínda non se puido entrar.
Tódalas colleitas van moi atrasadas e os cultivadores confían en que o tempo dea unha tregua de polo menos unha semana. Por exemplo, en Guntín necesitan que non chova para rematar tarefas que non se poden demorar máis como a sementeira do millo ou a plantación dos pementos de Mougán. Poucos lembran un maio con tanta auga e só ven positivo que haberá reservas de auga se o verán viñera seco.
Tamén as vacas puideron volver pacer sen enterrarse nas leiras e sen que a herba leve auga en exceso.