Cargando resultados...
Tráfico alerta dunha nova estafa: webs que ofrecen o carné sen exames
Tráfico alerta dunha nova estafa: webs que ofrecen o carné sen exames
Reclaman o pagamento duns 800 euros e cando reciben os cartos a páxina desaparece
A maioría das vítimas son inmigrantes que tentan homologar os seus documentos
G24.gal
26/05/2023 08:13
Última actualización 26/05/2023 09:29
Tráfico alerta dunha nova fraude que vai a máis en España: páxinas web que ofrecen o carné de conducir sen examinarse. En teoría só hai que pagar, uns 800 euros. Pero é todo unha estafa.
Unha vez que reciben o ingreso, a web desaparece. A maioría das vítimas son inmigrantes que sacaron o carné noutro país e intentan homologalo.
Tráfico lembra que o permiso de conducir en España só se pode obter en centros autorizados.