Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tras o acordo entre os socios de Goberno, agora toca negociar os presupostos no Congreso

Tras o acordo entre os socios de Goberno, agora toca negociar os presupostos no Congreso

ERC asegura que non aceptará presións para aprobar as contas do 2023

G24.gal 04/10/2022 13:48

Dicía Íñigo Errejón que o que se aproba hoxe é un borrador e agora ao Goberno lle toca negociar co resto de grupos. E como case sempre un óso duro vai ser Esquerra Republicana. Empeza mal, aseguraba Gabriel Rufián, que bota en falta a lei de vivenda e lembra que a súa formación non vai aceptar presións.

En canto ao PNV, reclama vontade política para cumprir os acordos pendentes. A Compromís e a Más País non lles desgusta, pero pretenden incluír as súas reivindicacións cando comece o trámite parlamentario, o mesmo que o BNG, que pon como liña vermella os investimentos en Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade