Publicador de contidos
Publicador de contidos

Trasladan 15.000 exemplares de mexillón de río no leito do Miño en Lugo

Trasladan 15.000 exemplares de mexillón de río no leito do Miño en Lugo

O traslado faise para poder traballar nun dos caneiros que quedou estragado tras as enchentes

Os mexillóns son de dúas especies protexidas, de aí que o seu traslado se faga manualmente

G24.gal 29/07/2024 14:39

Este é o momento en que os mergulladores se adentran no río para extraer os mexillóns. Examinan o leito con visores subacuáticos. En total queren trasladar entre 7.000 e uns 15.000 exemplares de dúas especies que están protexidas, pero non en perigo de extinción; son a Potomida littoralis e a Unio delphinus

"Os mergulladores van ir varrendo as zonas que temos acoutadas e van estar afectadas pola obra, van ir extraendo todos os exemplares que vaian encontrando para posteriormente facer un cribado e separar as dúas especies, e tamén por grupos de tamaño e poder facer a marcaxe e medición", explica o coordinador dos traballos de traslado, Daniel Garrido.

É un traballo moi minucioso que se fai de xeito manual e individual. Estiman que cada día trasladarán uns 600 exemplares. A función desta especie no río é filtrar a auga. Un individuo de 15 cm é capaz de filtrar ata seis litros de agua ao día.

O traslado dos mexillóns é necesario para poder facer a reparación do caneiro, estragado polas enchentes. "Unha das cousas que tamén é importante para manter estas especies non só é coidalas e trasladalas, tamén permeabilizar e manter a conectividade dos ríos. O xeito en que estas especies son capaces de reproducirse colonizando as branquias dos peixes", comenta o comisario da obra, Alberto de Anta.

O traslado ás zonas de destino faise no mesmo día. Os mexillóns envólvense en panos húmidos e refrixerados e lévanse en neveiras. Trátase dunha medida excepcional e pioneira: "Polo calado, pola extensión, pola importancia, é a primeira que se fai desta magnitude en toda España", asegura o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga.

Son millóns o número destes exemplares no tramo urbano do río Miño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade