Publicador de contidos
Publicador de contidos

Multitudinaria despedida a Isabel II en Edimburgo e nas rúas de Escocia

Multitudinaria despedida a Isabel II en Edimburgo e nas rúas de Escocia

A comitiva fúnebre chegou pasadas as cinco e cuarto da tarde ao palacio de Holyroodhouse, residencia real en Edimburgo, tras pasar por varias localidades escocesas

O funeral de Estado pola raíña celebrarase o 19 de setembro en Londres

O cadaleito cos restos de Isabel II chega a Edimburgo
G24.gal 11/09/2022 10:43 Última actualización 11/09/2022 19:07

Unha vez que o Reino Unido oficializou o reinado de Carlos III e 24 horas despois da súa proclamación, os restos mortais de Isabel II, falecida o xoves pasado aos 96 anos, saíron pouco despois das 11:00 desde o castelo escocés de Balmoral, onde morreu, cara á capital de Escocia, Edimburgo.

O cadaleito en madeira de carballo da soberana está cuberto co estandarte real de Escocia e sobre el repousa unha coroa de flores.

A viaxe co féretro que contén os restos mortais da Raíña foi por estrada e rematou pasadas as cinco da tarde, coa entrada no palacio de Holyroodhouse, residencia real situada fronte ao Parlamento rexional escocés.

Tras o vehículo fúnebre viaxou noutro coa insignia real a filla da raíña, a princesa Ana, e o seu home, Tim Laurence, nunha xornada solleira en Escocia.

Polo camiño, a comitiva fúnebre pasou polas localidades de Ballater, Aberdeen e Dundee.  O luns, o féretro será trasladado en procesión ata a catedral de Saint Giles, tamén en Edimburgo, onde os cidadáns poderán darlle o seu derradeiro adeus.

O domingo o féretro permanecerá na residencia de Holyroodhouse, situada fronte ao Parlamento rexional escocés. O luns os restos serán trasladados ata a catedral de Saint Giles, onde o cadaleito permanecerá 24 horas, cuberto co estandarte real. Os membros da familia real irán en procesión tras o féretro ata a catedral, onde haberá un servizo relixioso, antes de que os restos mortais de Isabel II sexan levados o martes a Londres.

Será un traslado no avión real coa Princesa Ana, e, tras permanecer en Buckingham catro días nun velorio aberto ao público, celebrarase o funeral de Estado o luns 19 de setembro na Abadía de Westminster.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade