Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tratar a acne canto antes evita posibles efectos na autoestima

Tratar a acne canto antes evita posibles efectos na autoestima

Na acne máis severa e persistente, a tardía, a que afecta ata a idade adulta e deixa cicatriz, hai avances

G24.gal 13/03/2023 14:32

A acne é unha enfermidade que afecta o 80% da poboación nalgún momento da súa vida.

É unha das consultas máis habituais aos dermatólogo. Especialmente, a acne xuvenil, a da prepuberdade nas mulleres, a que aparece na adolescencia... que, mesmo leve, debe ser tratada o antes posible.

Hugo Vázquez, xefe de Servizo de Dermatoloxía do CHUS: "O mellor tratamento é tratalo desde o primeiro momento. A acne é un aumento da produción graxa da pel e unha alteración da queratinización no momento de saída desa graxa, que queda retida".

Porque esa acne leve pode complicarse con bacterias e lévedos. E agravar unha doenza que pode afectar a autoestima e as relacións sociais. Os médicos ven como hai mozos que deixan de facer exercicio e se pechan na casa para agochar as lesións. 

Hugo Vázquez di que "o paciente moitas veces encóntrase moi afectado e chégase a extremos realmente graves en moitas ocasións. E vemos como acaban con problemas de autolesións". 

Por iso é moi importante que escoiten ao especialista; "sempre podemos chegar ao control completo da enfermidade. Hai un bo tratamento e sempre, sempre, sempre podemos dicir que hoxe temos solución para a acne", asegura o xefe de Servizo de Dermatoloxía do CHUS.

Ben tratado, as secuelas desaparecen. Pero mesmo para a acne máis severa e persistente, a tardía, a que afecta ata a idade adulta e deixa cicatriz, hai avances. Canda os tratamentos tópicos, dispositivos láser como o CO2 fraccionado. Un tratamento térmico que estimula o coláxeno.

Yolanda Albelda faino na súa clínica. Explica que "vai axudar non só a mellorar o aspecto externo das cicatrices, senón a remodelar o coláxeno e que esas cicatrices atróficas afundidas se vaian reparando e elevando". 

É un proceso que deberá facer e supervisar sempre un médico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade