Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tráxico asalto ao valado de Melilla: 18 migrantes mortos e máis de 100 feridos

Tráxico asalto ao valado de Melilla: 18 migrantes mortos e máis de 100 feridos

As autoridades de Nador confirman que os falecidos quedaron atrapados nunha valgada ao tratar de forzar a entrada en España

Hai polo menos 140 policías marroquís feridos

130 persoas lograron cruzar a fronteira

G24.gal 25/06/2022 09:14 Última actualización 25/06/2022 11:31

Marrocos confirma xa que polo menos 18 migrantes africanos morreron este venres nunha avalancha ao intentar entrar en Melilla saltando o valado. Integraban un grupo duns 2.000 mozos  que quixeron entrar pola forza en España.

As vítimas faleceron por esmagamento ou asfixia, tras quedaren atrapadas nunha valgada próxima ao perímetro fronteirizo. Outras morreron ao caer do valado. Os migrantes feridos son 63, aos que se suman 140 policías marroquís con lesións, cinco deles están graves, segundo confirma unha autoridade local de Nador.

As mortes producíronse cando 500 persoas lograron aproximarse ao perímetro da fronteira, das máis de 1.500 que se concentraron nas proximidades durante a madrugada do xoves ao venres.

A Asociación Marroquí de Dereitos Humanos informou tras os graves sucesos que faleceran seis emigrantes e dous xendarmes. As autoridades de Nador negan este extremo.

Difundiron imaxes en que se ven decenas de migrantes en Nador, tirados no chan, exhaustos e amoreados tras a intervención das forzas de seguridade marroquís para intentar evitar o asalto. Desta maneira queren denunciar o trato recibido polos migrantes, que consideran inhumano.
 

 

Trátase da primeira entrada masiva en melilla de emigrantes irregulares desde que o Gobverno español deu un xiro en marzo na súa política sobre o Sáhara occidental, e inclinouse abertamente pola proposta de autonomía para o territorio en disputa, en detrimento do referendo de autodeterminación que reclama a Fronte Polisario.

O Goberno asegura que só lograron entrar en España 133 migrantes, e destaca a cooperación de Rabat para frear o asalto. A maioría accederon polo paso fronteirizo do Barrio Chinés. Os servizos de emerxencia españois atenderon a 57 migrantes feridos, tres deles ingresaron no Hospìutal Comarcal, e a 49 gardas civis que sufriron feridas ou lesións leves.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade