Publicador de contidos
Publicador de contidos

Trens a tope en Galicia para o retorno das vacacións

Trens a tope en Galicia para o retorno das vacacións

Desde a chegada da alta velocidade a Ourense son moitos os que elixen o tren como medio de transporte para as vacacións

Pasaxeiros subindo ao tren en Ourense
G24.gal 02/09/2023 14:38 Última actualización 02/09/2023 15:02

Viaxar en tren non admite improvisacións nestes días da operación retorno. "O tren vai cheo, o normal, e tivemos que coller o Alvia, que nos custa un diñeiral", asegura unha turista de Eivisa.

A demanda do tren como medio de transporte para as vacacións disparouse nos últimos tempos, desde a chegada da alta velocidade a Galicia. "É moi cómodo e para a terceira idade, barato. Coa tarxeta dourada paguei 12 euros". "Máis cómodo e non hai que desprazarse no coche", comentan dous pasaxeiros na estación de tren de Ourense.

Hoxe é día de regreso para moitos, un día chuvioso e morriñento para despedir as vacacións do verán. Pero tamén hai quen empeza, con toda a ilusión por diante. "Vimos de México e imos pasar as vacacións á Coruña". "Despois dun verán duro, porque non collemos nada, deixamos Ourense con fresquiño e imos buscar a calor", sinalan dúas pasaxeiras. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade